“Historias do GPS”

O Pedriño e o Rañolas, dous dos clientes con máis sede do Lestón, realizan unha viaxe á Ribeira Sacra na procura dun bo viño. En chegando a Rodeiro, parroquia do Lalín de Cuíña, o Pedriño insta ao Rañolas a que prenda o GPS para dirixirse a Belesar, en Chantada. Ao cabo duns minutos de apaixonada dialéctica, o Rañolas, fiel ao seu estilo de eterno inconformista, debátese entre se o referido Belesar se escribe con uve ou con be.

O Pedriño, coa súa habitual retranca e non menor sentido do humor, respóndelle: “Manda carallo, moita tecnoloxía e total non sabemos escribir!”.

About these ads

2 reflexións en ““Historias do GPS”

  1. “Manda carallo, moita tecnoloxía e total non sabemos escribir!”.

    Pois si que está ben a frase, e eu a diario escoito frases así, con esta carga de retranca.

    A verdade que eu tería que facer un diario e recoller os comentarios que me din, sempre tan áxiles, e tan cheos o mesmo tempo de ilusión por aprender desto que lle chaman internet.

    fai poucos dias dixome un alumno:. !O carallo e q este aparatejo ( ordenador) , eche listo de carallo, pero eu dirialle dúas cousas:

    1º que él e listo, pero os humanos somos máis, por q o fabricamos;bueno os humanos!!!!!!!
    , porq aiche xentiña por ahí ben burra!

    2º listo de carallo!, pero non sabe dicir nada novo sobre o rally de ourense, coño! ( esto mentras buscaba información no jujel sobre o dito rally)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s