Xa estamos no Street View

Xa fai uns dias, que algún lugares da costa da morte xa están no Street View de Google (“Vista da rúa Google”, en español) é unha característica de Google Maps e de Google Earth que proporciona imaxes case esféricas a nivel de rúa (360 graos horizontal, 290 graos vertical), permitindo aos usuarios ver partes das cidades seleccionadas e as súas áreas metropolitanas circundantes. Cando se lanzou o servizo, o 25 de maio de 2007, só cinco cidades estadounidenses estaban incluídas. Desde entón expandiuse por centos de cidades en Australia, Canadá, Estados Unidos, España, Francia, Italia, Xapón, México, Nova Zelandia, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suíza e Taiwan. Google Street View mostra fotos tomadas desde as cámaras montadas sobre unha frota de automóbiles e móstranse sobre as imaxes de fondo previamente tomadas desde satélite que compoñen os mapas de Google. Ademais, desde o segundo trimestre de 2009, Google utiliza triciclos para recoller imaxes de zonas inaccesibles para vehículos, tales como grandes parques, campus universitarios e centros históricos das cidades, cuxas rúas son, no seu maior parte, peonís. Estes triciclos atópanse fotografando gran parte de Europa e América do Norte (e certos puntos de Asia) desde o ano actual. Pódese navegar a través destas vistas utilizando os cursores do teclado ou usando o rato. Ademais, en maio de 2009 introduciuse unha novidade de navegación na aplicación, baseada nos datos proporcionados pola tecnoloxía láser, que permite unha navegación máis rápida ao longo do percorrido.

A verdade que explorando algunhas das localización do concello de Fisterra atopámonos con estas marabillas:

 

About these ads