«De Bares» visita a nosa casa!

O programa de V Televisión De Bares segue de ruta por Galicia debullando os segredos dos locais de hostalería con historia propia das catro provincias. Mañá, ás once, emítese a oitava entrega e, unha vez máis, a Costa da Morte estará representada na pantalla.

Nesta ocasión, De Bares recala no que podería considerarse o decano dos restaurantes da Costa da Morte, o Lestón, de Sardiñeiro. Leva dando comidas desde 1917, algo que moi poucos establecementos galegos poden dicir. Dentro de seis anos cumprirá un século de andaina e en V Televisión pasarán pola súa longa historia.

O Lestón non estará só na pantalla. Irá acompañado por outros tres locais emblemáticos: o bar Liló, de Verín; o Café do Centro, de Lugo, e o bar Troia, do Rosal. Se desExas ver o programa podes facelo AQUÍ.

De Bares detense naqueles establecementos con historia, con alma, lugares onde ademais da carta hai vivencias e experiencias escondidas entre os muros. Na comarca xa pasou polo Tira do Cordel, de Fisterra, polo pub A Gavilla, de Corcubión, e polo bodegón O Pescador, en Carballo.

Agora é a quenda do restaurante da familia Lestón. Se os seus muros falasen poderían explicar a quen os oíse a historia completa dunha comarca, desde a época dos camiños de terra ao surgimiento do turismo e ao desenvolvemento contemporáneo.

O local que hoxe dirixe Alberto Castro xestouse con diñeiro da emigración a principios do século pasado. Manuel Marcote Lestón regresou de Arxentina para abrir as portas da casa de comidas coa súa esposa, María Suárez.

O local tiña entón unha tenda de ultramarinos, como tantos outros en Galicia. María cociñaba unhas famosas tortillas de pataca e unhas luras na súa tinta que aínda hoxe, 94 anos despois, seguen na carta. Alí empezou a servirse longueirón, anos despois, antes de que ese produto se fixese popular. Alí atendíase aos mariñeiros antes de que moitos mariscos fosen considerados manxares.

A casa de comidas empezou sendo un local moi familiar. Se non había mesas, os comensais sentaban nas da cociña.

Iso, claro, pasou á historia. A tenda de ultramarinos desapareceu nos anos 60, a cociña ampliouse e cambiou de sitio, como aumentou tamén o comedor, con capacidade hoxe para acoller a 90 persoas.

A segunda e terceira xeracións da familia seguen alí atendendo hoxe co seu trato amable e o seu saber facer. Ana Suárez Insua, Amparo Marcote, Alberto Castro e o seu fillo do mesmo nome. Outro dos fillos, Julio , educado tamén no establecemento familiar, é hoxe director do Hostal dos Reis Católicos.

Un Faro Nerio

O local é máis que un restaurante, é unha institución. De feito, o sábado pasado a asociación Neria recoñeceu a súa traxectoria coa entrega dun Faro Nerio, un premio co que a entidade recoñece o traballo de quen loitan polo desenvolvemento da comarca. O galardón recolleuno en Muxía Alberto Castro, quen recordou aos seus bisavós, que non só montaron o restaurante, senón que, dixo, souberon transmitir uns valores que a familia conserva. Citou tamén ao seu avó Herminio, que soubo meterlles a profesión no corpo.

Son miles as persoas que ao longo dos anos pasaron polas súas mesas. Dos primeiros turistas dos anos 60 aínda os hai que volven a Sardiñeiro cada verán e non cambian a súa cita gastronómica. Algo terá o Lestón cando tanto se lle quere. Os seus segredos, mañá en De Bares.

 

About these ads

One thought on “«De Bares» visita a nosa casa!

  1. Además del Profesionalismo, la Calidez, y el trato personal de los Dueños de casa; y su personal, que siguen el ejemplo de ellos; atendiendo con esmerada atención y profesinalismo a los clientes.
    En la cocina, que es un laboratorio. Con esmerada atención, salen los riquísimos platos, de prestigio ya centenário….Tortillas,Luras, en su tinta,percbes, etc. etc.etc. la Torta de Santiago, y otros postres exquisitos…..Y, si uno, tiene el privilegio de comer en la cocina, como antiguamente a todo eso se le agrega un codimento muy especial MMMÁÁÁÁSSSSSS….Pura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s