Arquivado en As xentes do Lestón

Que boa xente entra pola porta da nosa casa

Nós nos sabemos que pasa na Casa do Lestón, que entra unha xente ben xeitosa pola porta! Hoxe entrou pola porta: Manuel Darriba, Jose Manuel @josecomeefala, Alfonso Tellado e tódolos compañeiros e compañeira que os acompañaban. Mimadriña canta festa na horta do Lestón, e temos que dicir que desta vez, Anita e Amparo, deixarono caladiño … Seguir lendo

III Xornadas gastronómicas da Costa da Morte

Este mes de  xuño arrancarán as III Xornadas Gastronómicas na Costa da Morte, organizadas pola asociación Neria. No evento participarán unha vintena de restaurantes da zona que exibirán as súas mellores propostas. Por terceiro ano consecutivo dende a nosa casa, presentamos a noso MENÚ GASTRONÓMICO: Brochetas de zamburiñas con bacon e aliño da casa. Pulpo con gambas … Seguir lendo

«De Bares» visita a nosa casa!

O programa de V Televisión De Bares segue de ruta por Galicia debullando os segredos dos locais de hostalería con historia propia das catro provincias. Mañá, ás once, emítese a oitava entrega e, unha vez máis, a Costa da Morte estará representada na pantalla. Nesta ocasión, De Bares recala no que podería considerarse o decano dos restaurantes … Seguir lendo

Graciñas polo noso Faro Nerio.

  Dende a Casa Lestón queremos agradecer a todós e a todas este galardón que supón para nós a ledicia e o esforzo da nos a familia. Graciñas. (Nova extraída da Voz de Galicia) O acto de entrega dos galardóns Faros Nerios, que entrega a asociación supracomarcal Neria ás persoas, empresas ou institucións que traballan pola … Seguir lendo