Graciñas polo noso Faro Nerio.

 

Dende a Casa Lestón queremos agradecer a todós e a todas este galardón que supón para nós a ledicia e o esforzo da nos

a familia. Graciñas.

(Nova extraída da Voz de Galicia)

O acto de entrega dos galardóns Faros Nerios, que entrega a asociación supracomarcal Neria ás persoas, empresas ou institucións que traballan pola Costa da Morte, converteuse, por minutos, nun foro reivindicativo do que hai e o que debería haber.Organizadores, autoridades e invitados puxeron en valor o traballo e o esforzo da xente da comarca para lograr un mundo mellor. O presidente de Neria, Ramón Vigo, pediu de novo a ITV para Zas e puxo nome ás sospeitas do atraso: cr

e que hai quen quere levala á comarca de Barbanza. A autovía, as regularización das naves industriais ou o abaratamento do chan industrial foron de novo cabalos de batalla. Sobre todo, polo atraso dalgúns destes proxectos.

O presidente da Deputación, Salvador Fernández Morda, deu un respaldo absoluto, unha vez máis, ao traballo e a función que realiza Neria, «que non é de ninguén e é de todos». E deu valor aos premios, por entender que teñen máis aínda por dalos quen os dá, «a xente de aquí», e por ser xente da casa agradécese máis, fío do que tiraría máis tarde o físico Jorge Mira. O baiés, moi aplaudido, e declarou «encantado co premio, con plena conciencia do que vale. Dixo ter menos méritos que o resto: «Só son un científico». Eloxiou o traballo da asociación e apostou por que, en pouc

os anos, talvez o futuro dalgúns concellos pase por agrupacións similares, argumento aproximado ao empledo por Moreda.

Manuel González Estalote, empresario de Mazaricos, avogou por apoiar o propio para que non haxa que emigrar, como tivo que facer el. Tamén Pepe Mira, do hotel Praia de Laxe, reclamou ese apoio para o turismo e a zona, ou Alberto Castro, do restaurante Casa Lestón en Sardiñeiro. E o mesmo o presidente de Feiraco, o dumbriés José Antonio Casais.

A pesar de levar o discurso escrito, preferiu falar co corazón, e o público valorouno vivamente. Tamén el pediu apoios para quen viven e traballan na comarca e recordou cando Neria nacía, hai case 20 anos.

A outra parte emotiva púxoa Jesús Mas Farto, da asociación Abondou de Camariñas, moi emocionado e practicamente sen palabras. Marelo Castro-Rial Schuler, presidente da Fundación Castro-Rial, recolleu o premio do colexio Manuela Castro Rial de Cee, unha institución educativa con 50 anos de vida.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s